O asesor de mobilidade da al- caldesa de París e teórico da ‘Cida- de dos 15 minutos’ Carlos More- no participou este venres como re- lator no segundo seminario da Fa- cultade Ágora, a iniciativa coa que a Vicepresidencia da Diputación de Pontevedra busca formar a re- presentantes políticos e técnicos dos concellos da provincia sobre a recuperación do espazo público para as persoas. Unha cita á que acudiron máis de 200 oíntes e du- rante a que o urbanista e director da cátedra Emprendemento, Terri- torio e Innovación da Universida- de da Sorbona aproveitou para in- tercambiar impresións con FARO sobre a verdadeira “revolución da cultura urbana que se está a vivir actualmente”, ademais de insistir na importancia de iniciativas pe- dagóxicas como a Facultade Ágo- ra,moi necesarias á hora de impul- sar o cambio.